Unha obra de guiñol tradicional de cachiporra, de autoría propia e temática actual, adaptada á vida moderna.

Consta de varias historias curtas nas que Pituquito é o protagonista.

Loitará contra a avaricia, contra quen pretenda destruír a natureza ou menguar a liberdade das persoas do mundo mundial.

Unha chea de situacións baseadas na realidade que Pituquito resolverá coa súa gran astucia.

As aventuras de Pituquito é unha obra moi divertida e versátil, para tódolos públicos, poidendo ser representada en espazo interior ou exterior.

Creada, dirixida e representada por Ero Vázquez Cabrera.

Duración: 50 minutos

Scroll Up
Galego