Farsa de títeres a seis mans con música en directo.

Catro historias entrelazadas forman este enredo de títere tradicional de cachiporra baseado en varias obras de Rafael Dieste: “La fiera risueña”, “Nuevo retablo de las maravillas”, “El falso faquir”…
Trécola dálles unha volta, actualizando a súa temática de loita e irreverencia, para lograr unha obra moi divertida e provocadora para todos
os públicos.


Desprezo polo diferente, a perversión do poder, a manipulación, o amor romántico… todo esto e moito máis nun teatriño cheo de recunchos, coa banda sonora en directo de dous músicos xeniais que nunca saben por onde terán que sair, improvisando e apoiando á representación d@s titiriteir@s en cada función desta obra de guiñol viva e natural.

Dirección: Isa G. Coldeira
Titiriteir@s:
Isa G. Coldeira
Raquel López Cendán
Ero Vázquez Cabrera
Música:
Alex Fente
Pablo Pintor
Deseño e construción de bonecos:
Isa G. Coldeira
Ero Vázquez Cabrera
Escenografía:
Ero Vázquez Cabrera
Todos os públicos (máis de 4 anos)
Duración: 60 minutos
Espazo preferiblemente interior, en todo caso con asentos para o público.
Dimensións mínimas: 6 x 5 x 2.50 metros