Todas as pezas necesarias para as nosas obras
saen do noso taller, partindo dun deseño específico que cubra
tanto as necesidades técnicas como as da interpretación,
escollendo materiais, formas e cores que apoien
as sensacións que en cada proposta queremos expresar.


Ofrecemos tamén a outras compañías teatrais
os nosos servizos, así como a particulares
que queiran achegarse ao mundo das marionetas
ou mesmo ter unha peza única e artesá
sexa decorativa ou funcional.

Traballamos con distintos materiais e técnicas:
Cartón pedra
Talla e construcións en madeira
Gomaespuma
Porexpan
Tea
Pintura

Estamos sempre dispostos a investigar, inventar e probar novas formas para conseguir
facer realidade as ideas que surxen do noso maxín… ou do teu!
Tráenos a túa proposta e pide presuposto sen compromiso. Podemonos adaptar as túas necesidades.