En Trécola damos tamén importancia a escenografía, entendendoa como a “casa” que contén a historia, situandonos tanto no espazo físico como emocional no que acontece a obra teatral.


Para a construción das mesmas, escollemos coidadosamente os materiais para que ademais de ser parte estética importante da montaxe, aporten a firmeza necesaria según sexan para interior ou rúa, se deben soportar peso, ter mobilidade, ser transformables, que dimensións deben ter para o almacenamento ou transporte, se participan na iluminación da escena…


Deseñamos e construímos tanto o esqueleto, sexa de carpintería en madeira, ferro ou aluminio, como a parte máis artística que o cubre.


Cóntanos a túa idea e darémoslle forma!

Scroll Up
Galego