Gaela persegue ao Druída nun día pouco acertado, el anda atarefado e impaciente na procura dun último condimento,
un imprescindible para a súa nova poción.


A nena chama a súa atención ao contarlle o que lle preocupa:
Ela quere ser druída!


O mestre, non sen sentir certa vergoña, négase en rotundo:
“As nenas non poden ser druídas, iso é cousa de homes”



Dirección:
Ero Vázquez Cabrera
Dramaturxia:
Isa G. Coldeira
Ero Vázquez Cabrera
Titiriteir@s:
Isa G. Coldeira
Ero Vázquez Cabrera
Deseño e construción de escenografía e marionetas:
Isa G. Coldeira
Óskar Prieto “O.”
Ero Vázquez Cabrera
Vestiarios de actores e marionetas:
Isa G. Coldeira

Público familiar.
Duración: 50 minutos.
Espazo interior ou rúa.
Dimensións: 8 x 6 metros (adaptable)







Gaela, que non se amedoña facilmente, demostraralle
ao Druída que os soños están para se cumprir e dándolle
ao maxín pasará divertidas e emocionantes probas
ata acadar a súa capa branca.

Unha obra orixinal da compañía que a través
de marionetas de fíos, mergúllenos
na cultura castrexa e os seus contos e lendas,
ao tempo que fomenta valores coma a igualdade
de xénero, a autoestima e a importancia
de perseverar para superar os retos.

Scroll Up
Galego