Cando chega a noite, mentras durmimos, a Lúa asoma a súa cariña polas fiestras e goza dos nosos soños. Así coñece moitas historias máxicas, tolas e divertidas.

Os soños que máis lle gustan son os de Calcetín… un persoeiro amante da lectura e con moita imaxinación.
Flota entre as estrelas, leva o timón dun zapato que percorre os mares ou viaxa ata o mundo do revés..
Todo é posible con Calcetín!

Ás veces, a Lúa comparte estas historias cun amiguiño que ten, el abre moito as orellas e escoita.
Así sabe tantos contos da Lúa.


Contos da Lúa é unha obra de animación á lectura moi participativa, adicada a nenas e nenos de 2 a 8 anos.

Narración oral, monicreques e bonecos planos.

Dirección: Ero Vázquez Cabrera

Intérprete: Ero Vázquez Cabrera

Bonecos e escenografías: Ero Vázquez Cabrera

Para representar en espazos interiores

Duración: 45 minutos
Dimensións: 3 x 3 m.

Scroll Up
Galego