Unha obra orixinal da compañía

que a través de marionetas de fíos,

mergúllenos na cultura castrexa e os seus contos e lendas

ao tempo que fomenta valores coma a igualdade de xénero

o coidado medioambiental

a autoestima e a importancia de perseverar para superar os retos

Gaela persegue ao Druída nun día pouco acertado, el anda atarefado e impaciente na procura dun último condimento, un imprescindible para a súa nova poción.

A nena chama a súa atención ao contarlle o que lle preocupa:

Ela quere ser druída!

O mestre, non sen sentir certa vergoña, négase en rotundo:

“As nenas non poden ser druídas, iso é cousa de homes”

Gaela, que non se amedoña facilmente, demostraralle ao Druída que os soños están para se cumprir, e dándolle ao maxín pasará divertidas e emocionantes probas ata acadar a súa capa branca.

Autoría propia

Dirección: Ero Vázquez Cabrera

Dramaturxia:

Isa G. Coldeira

Ero Vázquez Cabrera

Intérpretes: :

Isa G. Coldeira

Ero Vázquez Cabrera

Deseño e construcción de escenografía e marionetas:

Isa G. Coldeira

Ero Vázquez Cabrera

Óskar Prieto “O.”

Vestiarios de actores e marionetas:

Isa G. Coldeira

Scroll Up
Galego