
Unha gaivota bañada en chapapote consigue chegar ao balcón de Zorbas, un gatiño nacido nun porto e adoptado por unha familia de humanos.
A ave, que sabe que chega o seu final, deixa un ovo ao coidado de Zorbas e faille prometer que o coidará como se fose seu.
Zorbas cumple a promesa coa axudade varios amigos do barrio,
aprendendo a ver o mundo cos ollos dunha gaivota, e pese aos perigos e os desplantes dalgún personaxe que non acepta ao novo membro do grupo.
A cousa é que as gaivotas teñen que voar… poderá Zorbas
ensinarlle esto á súa nova amiga?
Presentamos esta fábula de Luis Sepúlveda a modo de contacontos, utilizando bonecos para representar algunhas partes da historia.
Damos especial importancia nesta adaptación ao tema da
solidaridade, a importancia de apoiar e defender ao máis débil, o divertido e interesante que é descubrir outras formas de vivir e pensar e, sobor de todo, ao pracer que se sinte axudando aos demáis a superar os seus retos.




