Mediante a visita guiada destas nove pezas únicas, creadas artesanalmente no noso taller, téntase achegar a poboación ao mundo dos automatismos, desfrutando da escena e historia que os seus creadores narran ao carón de cada elemento da serie que conforma KINETIKO.
Unha combinación de xogo, arte e técnica.
Personaxes musicais que a partires de mecanismos crean sons e ritmos
Historias e contos que nacen do movemento dunha manivela
Efectos especiais utilizados tradicionalmente na escena teatral ou no cine
Un teatrinho de guiñol automatizado homenaxeando ao tradicional títere de cachiporra