Lolo é un contacontos moi peculiar…

Viaxa cargado cun gran baúl cheo de libros, porque na memoria non garda ningún.

Unha ratoa cóase na historia para nos dar unha gran sorpresa.

Ela si é unha gran contacontos!

Os dous xuntos mergúllanse nun conto clásico como é “Carapuchiña Vermella” transformándose nos seus personaxes e vivindo a historia como propia, cada un coas súas ideas e valores, cun resultado inesperado.

Entrarán nunha divertida discusión acerca da responsabilidade no coidado da nosa contorna,as liberdades dos animais, e a das nenas, mozas e mulleres para decidir sobre a súa vida.

Scroll Up
Galego