A Ludoteca Ambulante é un espazo de xogo libre no que a natureza e a creatividade se mesturan para facer voar a imaxinación.
Propoñemos unha serie de provocacións (barro, teas, cartón, auga…) que, sen dúbida, darán paso á experimentación, sendo as crianzas as creadoras e protagonistas do xogo.
Pingas de Cor, Tribo da Lama, Farrapos… son algúns dos mundos que podemos atopar na Ludoteca Ambulante.
Conta cun “Recuncho Bebé” que ademais de ser axeitado para xogo e movemento, dá pé ao encontro tanto de bebés como de familias compartindo así experiencias e aprendizaxes.
Para nenas e nenos de máis de 6 meses
Duración: 3 horas aprox. (poden ir e vir)
Sen límite de participantes.