
Unha gran eminencia no campo da monstroloxía anda de xira por Galicia para darmos a coñecer tipos,
habilidades e curiosidades dos monstros.
Como se moven, que comen, que bailan, levan sombreiro?
Onde viven os monstros?
Sentímolos debaixo da cama, no fondo do pasillo, na auga da
piscina ou na casa vella, pero se nos achegamos a mirar…
Zas! Desaparecen.
Iso é porque cando imos cara ao medo, éste escapa e vaise.
Dun xeito divertido e monstruoso, falamos das diferencias
e cualidades que temos cada quen que nos fan especiais e únicos,
e da importancia de experimentar situacións
e coñecer cousas novas para superar os medos.
Unha comedia teatral con monicreques,
moita risa e moito “monstro”,
adicada a público infantil-familiar.


Dirección e texto: Isa G. Coldeira
Adaptación de texto: Ero Vázquez Cabrera
Actor titiriteiro: Ero Vázquez Cabrera
Escenografía e bonecos: Ero Vázquez Cabrera
Público familiar
Duración: 55 minutos
Espazo preferiblemente interior. Dimensións: 4 x 4 metros
