Gasas, cintas, cordas, fíos… calquera elemento cotián colle vida cando se cruza
no camiño do estrambótico protagonista deste show.
Un ser despistado e apaixonado que en cada obxecto, sombra ou mesmo na
palma da man atopa un xogo. Unha ilusión que vai medrando ata que enreda con todo
conseguindo lograr a maior desfeita endexamais imaxinada.
Presentamos nesta ocasión un espectáculo cheo de situacións inverosímiles no
que predomina a pantomima mesturada cunha coidada manipulación de obxectos