ARTE EFÍMERA
Bebendo do Land Art exploraremos as posibilidades artísticas dos
materiais naturais e a súa aplicación en distintas técnicas a través
do xogo.
Terra, auga, madeira, plantas… a natureza bríndannos a súa beleza
para xogar a crear. Modelar, estampar, apilar, construir… as
posibilidades son infinitas!
Unha actividade aberta, interxeracional, accesible e creativa.
AUTÓMATAS
Un obradoiro creativo no que cada participante creará a súa peza
automatizada con materiais sinxelos a partires dunhas pautas
básicas.
Dous deseños adaptados as idades das participantes.
Deseñar, debuxar, pintar, recortar, montar e listo! A xogar!
Duración: 2 horas aprox.
Para nenas e nenos de máis de 5 anos (ou menores se saben usar
tesoiras)
FÍOS e PAPEL
Utilizando cartulina e distintos tipos de papel, cada participante
deseñará e dará forma á súa marioneta de fíos contando coas
articulacións básicas (cabeza, brazos, pernas).
Unha actividade para nenas e nenos de máis de 5 anos.
Duración: 2 horas aprox.
FELTRADO DE LÁ
Propoñemos unha iniciación á técnica de feltrado adaptada a idade
das persoas participantes. Para nenas e nenos centraremonos no
feltrado en plano mentras que con persoas adultas poderemos
coñecer tamén a técnica con agulla, logrando pezas con volumen.
A duración dependerá de cada proxecto puntualmente.