
The Piccole Theatre é unha nova visión do
Teatriño de Feiras, primeira creación de Trécola
estreada no ano 1982 coa que recuperaba a tradición das marionetas de fío en Galicia.
Un show moi participativo presentado polo gran
Don Lirone, un buscador de talentos
por terra, mar e aire.
Un espectáculo protagonizado por grandes artistas de madeira e cartón pedra que realizan acrobacias, números musicais,
de maxia ou cómicos.
Grim e Violin, o pequeno Tontón, o gran mago mentalista Karalume e Papapalina, Lola co seu baile tolo e contaxioso e a gran estrela dos paiasos, Totó Gluk.

Representamos The Piccole Theatre coas marionetas orixinais, coa mesma ilusión de sempre e respectando boa parte do guión orixinal que aínda que pasen os anos segue sorprendendo, facendo rir e participar a un público de calquera idade.


Dirección:
Ero Vázquez Cabrera
Titiriteir@s
Isa G. Coldeira
Ero Vázquez Cabrera
Deseño de iluminación:
Ero Vázquez Cabrera
Deseño e construción de marionetas:
Trécola no 1981
Público familiar
Duración: 60 minutos
Espazo interior ou rúa.
Dimensións: 6 x 6 x 2.30 metros. (adaptable)

