Eran as sagas unha cantiga á heroicidade de grandes guerreiros viquingos fortes e valentes, que abandonaban as súas terras ermas e estragadas polo clima nórdico e partían nos seus drakar para conquistar outros pobos na procura de alimentos e tesouros.

Non é o caso da Saga de Flin Havardr…

Un pastor que albisca nun soño as súas proezas como guerreiro e que, xa na realidade, leva a cabo unha viaxe inesperada acompañado por unha tripulación moi particular que nada ten de forte nin de valente, aínda que abonda en creatividade.

Conseguirán chegar a unha terra fértil e fermosa á conta da morriña dun dos seus tripulantes.

Unha obra de autoría propia representada por marionetas de fíos con música en directo.

Autoría propia

  • Dramaturxia:
    • Ero Vázquez Cabrera
  • DIRECCIÓN:
    • Isabel Rey Pousada
    • Marcelino de Santiago “Kukas”
  • Aos fíos
    • Isa G. Coldeira
    • Ero Vázquez Cabrera
    • Ura Vázquez García
  • música:
    • Pablo Pintor

Scroll Up
Galego