Sidulfo traballa día e noite para un home sen corazón que nin vive nin deixa vivir, ata que aparece un elegante e garrido diaño cunha máxica proposta que solucionará todos os seus problemas..
Unha obra teatral con entremeses, nos que un presentador tentará levar o fío da historia mentras se libera dun espectador que non consigue atopar o seu lugar no teatriño.
Trécola presenta “Sidulfo e o diaño”, unha adaptación propia da obra clásica de guiñol a partir da improvisación, renovándose en cada función dende o ano 2005.