

Tolitates, movido por unha atracción se cadra máis tola ca el,
sáltase todos os sinais de perigo e escapa da cordura,
sen pensar que sempre pode existir alguén máis transgresor ca el.
Un persoeiro que irá atopando situacións e personaxes absurdas que loitan polo protagonismo nas táboas dun teatro.
Un gran elenco informal e atordado que mostra pouco siso e seriedade no modo de actuar leva o público
á gargallada contínua sen precisar mediar palabra.
Presentamos unha técnica moi novidosa de manipulación mesturando teatro de obxectos, marionetas de fíos, bunraku e guiñol.
Revalorizamos os títeres e obxectos coma protagonistas da dramaturxia, obviando as palabras fronte á pantomima e a música nun escenario máxico e cheo de segredos no que non se adiviña a figura dos titiriteir@s.

Autoría:
Ero Vázquez Cabrera
Dirección:
Isabel Rey Pousada e
Marcelino de Santiago “Kukas”
Intérpretes:
Isa G. Coldeira
Raquel López Cendán
Ero Vázquez Cabrera
Deseño e construción de bonecos e escenografías:
Ero Vázquez Cabrera
Marcelino de Santiago “Kukas”
Vestiarios das marionetas:
Isa G. Coldeira
Sen palabras
Apta para espazos exteriores ou interiores
Dimensións: 2.50 x 4 x 2.50 metros
Duración: 55 minutos Público infantil – familiar


