
Xirapaus
Xirapaus é un proxecto de deseño e creación de autómatas que
nace no ano 2020 da man de dous artesáns:
Manu Taboada, xogueteiro desde 2010 ,constrúe xoguetes e xogos de creación propia ou recuperados, con materiais naturais e ecosostibles.
Ero Vázquez Cabrera, titiriteiro. Construtor de marionetas, mecanismos e escenografías dende 1998.
KINETIKO
Unha combinación de xogo, arte e técnica.
Personaxes musicais que a partires de mecanismos crean sons e ritmos.
Historias e contos que nacen do movemento dunha manivela.
Efectos especiais utilizados tradicionalmente na escena teatral ou no cine.
Un teatriño de guiñol automatizado homenaxeando ao tradicional títere de cachiporra.
Galeria
Automata Museo do Xoguete e a Marioneta de Lalín (Pontevedra)
Estes dous intrépidos artesáns non dubidan en dar renda solta ao maxín, investigando e facendo probas unindo coñecemento e experiencias ata ser quen de construir os seus soños.
Deseñan e dan forma a pezas automatizadas tamén por encarga, entre as que destacamos o retablo, baseado nos apuntes de Domingo Martínez de Presa na obra “Fuerza del ingenio humano, y inventiva suya” publicada no 1662, que se pode visitar no Museo do Xoguete e a Marioneta de Lalín (Pontevedra).