Catro protagonistas, cada un deles cunhas experiencias vividas, cada un deles entende a vida da súa maneira, cada un deles é especial e único. Son amig@s, xogan e aprenden xunt@s aínda que as veces non saiban comunicar o que senten…
Unha proposta coa que nenas e nenos se identifican dende o principio, xa que o guión está baseado en situacións da súa vida cotiá. Durante toda a obra daranse conta de que o seu comportamento inflúe directamente no que poidan sentir as persoas que @s rodean.
Tentamos a través dunha obra moi divertida protagonizada por marionetas de fío que a visibilización de certos comportamentos dean lugar á reflexión persoal e a un posterior debate entre nenas e nenos que leve a descubrir solucións conxuntas a situacións imaxinarias ou mesmo do seu día a día.
Potenciamos dun xeito rechamante unha mellor educación emocional, libre de estereotipos, libre de violencia e chea de respecto entre iguais.